Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación da resolución de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, dende o dia seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo, poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social, previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19, para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 6 de xullo de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Resolución de 13.4.2016)
José Antonio García Rodríguez
Xefe de Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

76727260-L

Resolución

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)