Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 20 de xullo de 2022 Páx. 40731

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 9 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU503D).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas, que se financiarán cun crédito total de 1.000.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.A2.761A.760.1, código de proxecto 2015 00006, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 9 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2022.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2022

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións
de mellora das infraestruturas turísticas

Entidade beneficiaria

Descrición actuación

Importe da subvención

Concello das Nogais

Recuperación do contorno do paseo do río Bois

29.997,73 €

Concello de Crecente

Actuación de embelecemento do acceso á Fonte da Rastrada e iluminación ornamental do Parque Cuiña

30.000,00 €

Concello de Parada de Sil

Recuperación do miradoiro de Triguás e da súa contorna

30.000,00 €

Concello do Incio

Substitución de carpinterías e acondicionamento do contorno do muíño das Cortiñas

17.272,81 €

Concello de Baralla

Iluminación da senda fluvial do río Neira e área recreativa en Baralla

30.000,00 €

Concello de Dumbría

Mellora das condicións de accesibilidade na pasarela da fervenza do Ézaro

30.000,00 €

Concello de Xunqueira de Espadanedo

Embelecemento da contorna do mosteiro de Santa María

30.000,00 €

Concello da Veiga

Rehabilitación do Centro de interpretación do volframio en Trevinca

30.000,00 €

Concello de Dozón

Embelecemento na contorna do mosteiro de San Pedro de Vilanova

30.000,00 €

Concello do Irixo

Acondicionamento de espazo público na Aira de Ponte Irixo

30.000,00 €

Concello de Ribas de Sil

Rehabilitación da antiga escola de Torbeo para os visitantes do xeoparque Montañas do Courel (Centro de interpretación do río Sil)

28.778,73 €

Concello da Pobra de Trives

O meandro Navea-Bibei (Miradoiro)

30.000,00 €

Concello de Oia

Adecuación da zona de despegue de parapente: Miradoiro das Penizas

30.000,00 €

Concello de Ribeira de Piquín

Obras complementarias en espazo público para estacionamento de vehículos de visitantes, en Chao de Pousadoiro

28.833,79 €

Concello de Lobeira

Recuperación do sendeiro Parada do Monte-As Quintas

30.000,00 €

Concello de Cenlle

Paneis turísticos indicadores de entrada/saída

21.417,00 €

Concello de San Xoán de Río

Sinalización de puntos de interese turístico no concello

30.000,00 €

Concello de Trabada

Mellora do acceso entre o aparcadoiro de autocaravanas e a área da Choza

30.000,00 €

Concello de Oímbra

Humanización da praza Casa da Inquisición de Videferre

30.000,00 €

Concello de Boborás

Pavimentación de acceso á igrexa de Santa María de Xuvencos

30.000,00 €

Concello de Bóveda

Proxecto de execución de miradoiro na presa de Xulián e sinalización dos miradoiros do Alto do Coto e de Xulián

30.000,00 €

Concello de Ares

Acondicionamento de aparcadoiro e acceso anexo a Cortiñas Gil

30.000,00 €

Concello de Cartelle

Sinalización dos recursos turísticos de Cartelle con instalación de paneis interpretativos

29.981,60 €

Concello de Laza

Mellora do acceso e servizos da área de autocaravanas do Toural

30.000,00 €

Concello de Allariz

Adecuación e embelecemento do paseo da alameda de Allariz

30.000,00 €

Concello de Vilar de Barrio

Posta en valor do conxunto arqueolóxico do castelo de Bóveda. Proxecto de limpeza, acondicionamento de accesos e sinalización turística

29.891,51 €

Concello de Cervo

Acondicionamento de parcela para estacionamento no conxunto histórico artístico de Sargadelos

30.000,00 €

Concello de Corcubión

Embelecemento na rúa Salvador Allende en Corcubión

29.123,94 €

Concello da Cañiza

Creación dunha rede de información turística virtual Recunchos da Cañiza

29.748,00 €

Concello de Val do Dubra

Mellora do acceso ao miradoiro de Picoto de Arnexo

30.000,00 €

Concello de Vilamarín

Establecemento e creación dunha zona de lecer no campo da feira de Bouzas

29.960,00 €

Concello de Carballeda de Avia

Actuación arqueolóxica e de posta en valor da vila romana de Coto dos Mouros

25.758,96 €

Concello de Tordoia

Recuperación do sendeiro de acceso á igrexa de Anxeriz e xeoposicionamento rutas sendeirismo pr-g 88 e pr-g 89

30.000,00 €

Concello de Bande

Embelecemento de vía pública de acceso ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis Porto Quintela-Bande

29.999,93 €