Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 19 de xullo de 2022 Páx. 40674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública a ampliación dunha explotación de porcino de ceba de 2.495 cabezas en Pidre-O Sisto (Dozón) (clave do expediente MR2022/004).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a ampliación dunha explotación de porcino de ceba de 2.495 cabezas, en Pidre-O Sisto (Dozón), promovido por Ganadería Rodríguez, S.C., nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias