Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40322

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022 pola que se modifica a Resolución do 5 de xullo de 2010 pola que se fai pública a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente nesta universidade.

Mediante Resolución reitoral do 5 de xullo de 2010 (DOG nº 140, do 23 de xullo) foi establecida a composición permanente da mesa de contratación da Universidade de Vigo e fixáronse as normas de funcionamento da mesma.

Posteriormente, por Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018 (DOG nº 123, do 28 de xuño) modificábase o punto primeiro da devandita resolución establecéndose unha nova composición da mesa de contratación. Respecto diso, e dado o novo deseño de competencias, estímase oportuno cambiar as persoas designadas para presidir a mesa de contratación e a un vogal.

Por todo o anteriormente exposto, acórdase ditar a seguinte resolución:

Modificar o punto primeiro da Resolución do 5 de xullo de 2010 (na redacción dada pola Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018) pola que se fai pública a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente da Universidade de Vigo nos parágrafos relativos á persoa que exercerá os labores de presidencia desta e dun dos vogais, que quedan redactados nos seguintes termos:

«Presidente/a: a persoa que ocupe o Vicerreitorado Relaciones coa Empresa, que poderá ser suplida en caso de vacante, ausencia ou enfermidade pola persoa que designe o reitor.

Vogal: Xefe da Sección de Contabilidade».

Esta resolución entrará en vigor desde a súa publicación no perfil do contratante da Universidade de Vigo, segundo o disposto no artigo 21 do Real decreto 817/2009.

Vigo, 30 de xuño de 2022

Manuel J. Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo