Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xuño de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública a memoria valorada da obra de emerxencia do desvío provisional para restablecer temporalmente o tráfico na LU-651 entre os puntos quilométricos (pp.qq.) 17+650 e 18+470, de clave LU/22/071.02.

Antecedentes.

A Axencia Galega de Infraestruturas tivo que realizar diversas actuacións de emerxencia a raíz do colapso acaecido no p.q. 18+300 da estrada LU-651 (Quiroga-Folgoso do Courel) o pasado 20 de marzo de 2022, por mor do afundimento do terreo sobre o que se asentaba a estrada debido ao derrubamento de varias galerías da explotación mineira de A Campa.

Debido ao exposto, por resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 30 de xuño de 2022 aprobouse provisionalmente a memoria valorada da obra de emerxencia do desvío provisional para restablecer temporalmente o tráfico na LU-651 entre os pp.qq. 17+650 e 18+470, de clave LU/22/071.02, no concello de Folgoso do Courel (Lugo).

Considerando todo o exposto, e de conformidade co disposto no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública durante quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra referida, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa para a execución do proxecto do desvío provisional para restablecer temporalmente o tráfico na LU-651 entre os pp.qq. 17+650 e 18+470, de clave LU/22/071.02

A documentación á que se refire este anuncio estará exposta ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais desta Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo ) e no Concello de Folgoso do Courel (praza Manuel Fraga Iribarne, s/n, 27325 Folgoso do Courel, Lugo). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos), atópase a disposición dos interesados o documento completo da memoria valorada da obra de emerxencia para á súa consulta.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Memoria valorada da obra de emerxencia: desvío provisional para restablecer temporalmente o tráfico
na LU-651 entre os pp.qq. 17+650 e 18+470.
Clave LU/22/071.02

Concello de Folgoso do Courel.

Nº de orde

Ref. catastral

Medida (m2)

Titular

DNI

Porcentaxe

Sup. total (m2)

Expropiación (m2)

Uso/cultivo

Bens afectados

27.0017-0001

27017A036001990000BX

23,81

Descoñecido

100

2.304

23,81

Agrario/PD prado

1 árbore mad. autóctono

27.0017-0002

27017A036001950000BO

456,16

Sánchez López, Telesforo (herdeiros de)

***5892**

100

979

456,16

Agrario/MT matogueira

– 4 árbore mad. industrial

– 34 árbore mad. autóctono

27.0017-0003

27017A036010000000BL

0,00

López Touzón, María Dorigen

***6288**

16,3

67.016

7.106,56

Agrario/FC souto

– 88 árbore mad. Industrial

– 533 árbore mad. autóctono

Visuña Arza, José

***0977**

11,32

Visuña González, José (herdeiros de)

***0975**

32,65

Rodríguez López, Dositeo

***1404**

3,06

Rodríguez López, José Raúl

***1404**

3,06

Rodríguez González, Carmen

*****

2,04

Rodríguez González, Pura

*****

2,04

López Rivas, María Nieves

***5413**

1,53

Rodríguez Visuña, Isabel

***6118**

13,21

Quiroga Quiroga, María Montserrat (herdeiros de)

***2991**

4,08

Río Barreiro, Carmen

***5758**

2,04

López Rivas, José Manuel

***1154**

1,53

López Rivas, Arturo

***1403**

1,53

López Rivas, María Ángeles

***1909**

1,53

López González, María Argentina

***3895**

1,02

López González, José Luis

***1403**

1,02

Rodríguez González Albino (herdeiros de)

***9111**

2,04

5.483

Monte Vecinal en Mano Común de Santa Eufemia

***1347**

100

44.147

5.483,20

Agrario/MT matogueira