Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 15 de xullo de 2022 Páx. 40209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/71-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o día 11.5.2022, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada o 12.5.2022.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: adecuación CT Astrés - 32C809.

Situación: concello de Ourense.

Orzamento: 43.617,57 €.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, en condutor de tipo RHZ1-2 OL 12/20kV, 3 (1x150 Al), de alimentación a CT proxectado, de 20 metros de lonxitude, con inicio no paso A/S proxectado en apoio número 54 existente na LMTA SAC806 e final no CT proxectado.

– Centro de transformación rural fin de liña, en Astrés, de 160 kVA de potencia e R/T 200000/400-23, en envolvente prefabricada de formigón, con manobra exterior e illante en aceite mineral.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 23 de xuño de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Rodríguez Paz
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas de Ourense