Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 15 de xullo de 2022 Páx. 40269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle do polígono I, Lorbé (expediente FG 695).

Mediante a Resolución da Alcaldía 2022003328, do 7 de xullo de 2022, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle do polígono I-Lorbé (documento RE 2022011530, do 21.6.2022), promovido por Inversiones Sufega, S.L.

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 11 de xullo de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente