De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados no anexo.
As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para ser notificadas (despois de obter cita chamando ao teléfono número 981 54 65 06) no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º piso, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
As notificacións pendentes tamén poderán obterse mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.
Transcorrido o dito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
Persoa interesada |
Procedemento |
Nisbel del Valle García Díaz |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
María Isabel López Araújo |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
María Luisa Rodríguez Pereiro |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |