Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 15 de xullo de 2022 Páx. 40246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente 15030008321E e quince máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes. Advírtese que, de non o faceren, se considerará practicada a notificación no vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 5 de maio de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE/Pasaporte

Resolución

Data da resolución

15030008321E

47351825T

Concesión

7.4.2022

15078017221E

X3171031K

Concesión

10.3.2022

15078015721E

50060985J

Concesión

9.3.2022

150780000321E

PM6432571

Caducidade

10.3.2022

15073002921E

X5143593B

Concesión

7.3.2022

15071000121E

33248372D

Concesión

7.4.2022

15054003521E

54257838X

Concesión

14.3.2022

15036007121E

00699578X

Concesión

10.3.2022

15030017821E

31221480S

Concesión

8.3.2022

15019005721E

32429469K

Concesión

16.3.2022

15011000921E

78786438F

Concesión

8.3.2022

15019006421E

Y7570982V

Concesión

7.3.2022

15019006821E

76365897D

Concesión

28.2.2022

15078002921E

X8069058Z

Revogación

2.3.2022

15023000621E

32828465J

Desistencia

4.3.2022

15005000322E

PAS141272175

Desestimación

10.3.2022