O Concello de Outes acordou a incoación do expediente sancionador SCOVID/OUTES/0069 e sete máis por vulneración da normativa sanitaria.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación do inicio do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.
Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Outes, situadas na rúa Capela, 13, Outes (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.
As persoas interesadas dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para achegaren ante a persoa instrutora do expediente, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non efectuaren alegacións no referido prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución.
De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, as persoas interesadas son informadas de que a sanción que se indica no acordo de incoación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.
Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2022
Sonia Villaverde Cutrín
Funcionaria da unidade tramitadora
ANEXO
Número de expediente |
DNI/CIF persoa interesada |
Infracción imputada |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
SCOVID/OUTES/0069 |
78793200F |
Incumprimento da obrigación de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación. |
Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
100 euros |
SCOVID/OUTES/0073 |
78787375R |
Incumprimento da obrigación de elaboración de protocolos ou plans de continxencia en relación con aqueles edificios, lugares de traballo, establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou abertos ao público ou en relación co desenvolvemento de actividades respecto dos cales establecesen esta exixencia as autoridades sanitarias competentes como medida preventiva, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación. |
Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
300 euros |
SCOVID/OUTES/0074 |
46091906K |

SCOVID/OUTES/0076 |
78787375R |
Incumprimento do horario de apertura ou peche de establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público ou para o desenvolvemento de actividades establecido como medida preventiva polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación, por permanecer nun local de hostalaría fora do horario máximo de apertura establecido. |
Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
300 euros |
SCOVID/OUTES/0084 |
44838270T |

SCOVID/OUTES/0091 |
45961658E |
Prohibición do consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público, mediante a actividade coñecida habitualmente como botellón, polos riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas (…) |
Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
300 euros |
SCOVID/OUTES/0101 |
1494139 (carta nacional de identidad) |
Prohibición do consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público, mediante a actividade coñecida habitualmente como botellón, polos riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas (…) |
Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
300 euros |
SCOVID/OUTES/0102 |
78790793S |