Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 14 de xullo de 2022 Páx. 39985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2022/108-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Compañía, S.A.

Domicilio social: Virxe da Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS, CT e CM A Cela.

Situación: Mondariz.

Características técnicas:

Centro de manobra (CM) en caseta prefabricada, con cinco celas prefabricadas.

Centro de transformación (CT), en caseta prefabricada, a 100 kVA con r.t. 20 kV/400 V.

Catro liñas subterráneas, a 20 kV, con condutor RHZ1:

1. Entrada D2 a Toutón desde L1. 50 metros desde apoio 4ES0075 ao CM.

2. Saída subderivación Riofrío Igrexa. 50 metros desde o CM ao apoio 4ES0075.

3. Saída D2 a Toutón. 50 metros desde o CM ao apoio 4ES0075.

4. Saída a CT Cela. 20 metros desde o CM ao CT.

A instalación está situada na Cela, Mondariz.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG núm. 203, do 25 de outubro de 2017, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 13 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra