Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39362

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se nomean os membros do xurado cualificador das distincións ao mérito deportivo de Galicia para o ano 2022.

Mediante a Resolución do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte, créanse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, que serán concedidas en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Segundo o disposto no artigo 3, o xurado cualificador encargado de realizar a proposta motivada de concesión das distincións estará presidido polo titular da Secretaría Xeral para o Deporte, quen designará os vogais de entre persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deporte, da actividade física e da comunicación. Actuará como secretario un funcionario designado polo secretario xeral para o Deporte de entre os que se atopan ao servizo desta secretaría xeral, quen carecerá de voz e voto nas reunións do xurado.

No uso das competencias atribuídas polo Decreto 109/2021, do 15 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, segundo o disposto na disposición transitoria do Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia,

Acordo designar os membros do Xurado:

a) Presidente: José Ramón Lete Lasa.

b) Vogais:

a. Bruno López Molina, presidente da Federación Galega de Balonmán e vicepresidente da Ufedega.

b. Javier Rico Díaz, delegado de Deportes da USC.

c. Marta Bobo Arce, directora do Departamento de Educación Física e Deportiva da UDC.

d. Susana Reboreda Morillo, vicerreitora de Extensión Universitaria.

e. Benito Cores Aragunde, xefe de deportes da Compañía Radio Televisión de Galicia.

f. Paulo Alonso Lois, xefe da área de deportes de La Voz de Galicia.

g. Borja Golán Santín, deportista profesional de squash.

h. Jorge Rubén Sampedro Grande, subdirector xeral de Plans e Programas.

i. Iván Clavel San Emeterio, xerente da Fundación Deporte Galego.

j. Roberto García Fernández, xefe do Servizo de Deportes da Xefatura Territorial da Coruña.

k. Manuel Otero Méndez, xefe do Servizo de Deportes da Xefatura Territorial de Lugo.

l. Manuel Pérez González, xefe do Servizo de Deportes da Xefatura Territorial de Ourense.

m. Daniel Benavides Alonso, xefe do Servizo de Deportes da Xefatura Territorial de Pontevedra.

n. Jorge Veiga Codesido, técnico da Escola Galega do Deporte.

o. Jesús López Rodríguez, director do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

c) Secretaria: Belia Méndez Rial, xefa do Servizo de Deporte en Idade Escolar.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2022

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte