Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible á súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, esta á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 14 de xuño de 2022
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
pR204A2021/3683-2 |
16042770V |
Insostibilidade da pretensión |
PR204A2021/5028-2 |
76571605M |
Desestimatoria da pretensión |
PR204A2022/68-2 |
48819061C |
Desestimatoria da pretensión |
PR204A2022/586-2 |
22762879D |
Desestimatoria da pretensión |
PR204A2022768-2 |
X6193254K |
Desestimatoria da pretensión |
PR204A2022/820-2 |
21075007S |
Desestimatoria da pretensión |
PR204A2022/915-2 |
16066993K |
Desestimatoria da pretensión |
PR204A2022/940-2 |
33333778Q |
Desestimatoria da pretensión |
PR204A2022/1738-2 |
20002837J |
Desestimatoria da pretensión |
PR204A2022/1903-2 |
34282689Q |
Desestimatoria da pretensión |
PR204A2022/1979-2 |
33549354J |
Desestimatoria da pretensión |