A instalación denominada LMTS e CT Pombal foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 6 de setembro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Nigrán.
A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, e se informa de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 17 de xuño de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
LMTS e CT Pombal |
|||||
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Nº apoio |
m2 solo |
1 |
54035A03500190 |
Tarela |
Descoñecido |
CT |
37,31 |