De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento aos herdeiros da persoa interesada con DNI 34119959B para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/35/2019-RP1, en relación coas obras consistentes nunha construción con tipoloxía de vivenda unifamiliar, sitas no lugar de Vide, no termo municipal de Monforte de Lemos, provincia de Lugo.
O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.
Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística