De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A Secretaría Xeral Técnica ten a súa sede na rúa San Lázaro, s/n, do termo municipal de Santiago de Compostela.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022
Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda
ANEXO
Expediente: RA/IGVS/CMATV/2020/00050.
Interesada: Rocío Barro Casal.
Acto notificado: resolución de recurso.