Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de xuño de 2022, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 32-BONAL-010/2020 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense e o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.ourense@xunta.gal

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 27 de xuño de 2022

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

32-BONAL-010/2020

***0537**

Resolución de concesión da 2ª prórroga da subvención do Programa do bono de alugueiro social

32-BONAL-005/2021

***5665**

Resolución de declaración de perda do dereito á subvención inicial do bono de alugueiro social

32-BONAL-006/2021

***7290**

Resolución de declaración de perda do dereito á subvención inicial do bono de alugueiro social

32-BONAL-022/2021

***6239**

Resolución de concesión da 1ª prórroga da subvención do Programa do bono de alugueiro social

32-BONAL-035/2021

***0610**

Resolución de declaración de perda do dereito á subvención inicial do bono de alugueiro social

32-BONAL-101/2021

***8125**

Incoación do procedemento de perda do dereito á subvención inicial do bono de alugueiro social

32-BONAL-129/2022

***9727**

Resolución de desistencia tácita da solicitude da subvención do bono de alugueiro social