Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 13 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos acordos nos procedementos de declaración de vir a mellor fortuna ditados pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2018/1665-4 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos ditados pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolucións que se notifican, xunto co resto da documentación dos expedientes, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (rúa María Victoria Moreno, 43, 9º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para que, no prazo de dez (10) días hábiles, formulen as alegacións, presenten os documentos ou acheguen as probas que consideren pertinentes para a lexítima defensa dos seus dereitos e intereses.

Pontevedra, 13 de xuño de 2022

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Parte notificada (DNI)

Resolución notificada

PR204A 2018/1665-4

18220312B

Acordo de inicio do procedemento

PR204A 2018/3784-4

35566640S

Trámite de audiencia