Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2022/159-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Sareb, S.A.

Domicilio: rúa Costa Brava, 13, 28034 Madrid.

Denominación: proxecto LMTS, CS e RBTS na rúa Fernando Blanco, 81, Cee, A Coruña.

Situación: rúa Fernando Blanco, 81, Cee, A Coruña.

Caraterísticas técnicas:

– Liña de alta tensión de 20 kV, soterrada, con inicio e fin na liña de distribución POT 809, entre os centros 15XCSB8 e 15XPR6, logo de entrar e saír no CT proxectado. Condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm²), Al, 70 m de lonxitude.

– Centro de transformación en local de obra civil, con celas compactas 2L+1P telecontrolado (20 kV, 400 A, 16 kA) e transformador de 630 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral e relación de transformación 20/0,40 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se xulgue pertinente.

A Coruña, 28 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña