Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de ordenanza vixilante conserxe.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, do 5 de maio de 2022, aprobáronse as bases que regulan a convocatoria para cubrir por persoal laboral fixo, unha praza de ordenanza vixilante conserxe.

As bases íntegras publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 150, do 2 de xullo.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello.

A Pontenova, 4 de xullo de 2022

Darío Campos Conde
Alcalde presidente