Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle do quinteiro RP-4 do Plan parcial sector SUD-11, rúa Bélxica, Dorneda-Campo de Golf (expediente FG número 692).

Mediante a Resolución da Alcaldía 2022003130, do 22 de xuño de 2022, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle do quinteiro RP-4 do Plan parcial sector SUD-11, Dorneda-Campo de Golf (documento RE nº 2022010854, do 14 de xuño), promovido por Nova Galiza Urbanizadora, S.L.

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 27 de xuño de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente