Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 8 de xullo de 2022 Páx. 39019

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2021/22.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22 (Diario Oficial de Galicia núm. 120, do 23 de xuño), e de conformidade co establecido no artigo 11 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberán analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

José Luis Mira Lema
Director xeral de Formación Profesional

ANEXO

Xurado de selección

a) Ámbito de Música.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Formación Profesional.

Vogais:

– Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

– Rosalía Polo Cal, inspectora de Educación.

– Nuria Campo Campo, asesora de Música e Artes Escénicas.

– Secretaria: Raquel González García, asesora de Música e Artes Escénicas.

b) Ámbito de Danza.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Formación Profesional.

Vogais:

– Rubén Vázquez Rodríguez, inspector de Educación.

– María de los Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.

– Nuria Campo Campo, asesora de Música e Artes Escénicas.

– Secretaria: Raquel González García, asesora de Música e Artes Escénicas.

c) Ámbito de Artes Plásticas e Deseño.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Formación Profesional.

Vogais:

– Jesús María Risueño López, inspector de Educación.

– Gonzalo Porral Mato, mestre de taller de Artes Plásticas e Deseño.

– María Rosario Ureña Lara, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial.

– Secretaria: Raquel González García, asesora de Música e Artes Escénicas.