Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38734

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2022 e 2023.

Mediante a Orde do 29 de decembro de 2021, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 16, do 25 de xaneiro de 2022, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.

No artigo 37.1 da devandita orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións 11.04.324C.444.0, 11.04.324C.445.0, 11.04.324C.460.0 e 11.04.324C.481.1, cunha contía inicial de seiscentos oitenta e tres mil euros (683.000,00 €) distribuída en dúas anualidades, correspondentes a fondos finalistas do Estado.

No artigo 37.2 establécese que a distribución inicial poderá alterarse, logo das modificacións orzamentarias precisas, en función da tipoloxía das entidades que vaian realizar as actividades que resulten subvencionadas.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria faise necesaria unha redistribución do crédito das distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2022 e 2023, sen variar o orzamento total, da seguinte maneira:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Total

11.04.324C.444.0

15.539,20 €

69.594,35 €

85.133,55 €

11.04.324C.445.0

3.000,00 €

3.000,00 €

6.000,00 €

11.04.324C.460.0

30.712,40 €

38.998,40 €

69.710,80 €

11.04.324C.481.1

206.788,33 €

312.654,35 €

519.442,68 €

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social