Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 22 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infraccións na orde social 2022/35 e tres máis.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás empresas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores por infraccións na orde social, porque intentadas as notificacións, por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, estas non se puideron efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor un recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselles que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberán aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 2022/35 (acta: I272022000002391).

Data da resolución: 30 de maio de 2022.

Empresa: Yaunde, S.L.

Enderezo: rúa Juan Herrera Sánchez, nº 6, 41960 Gines (Sevilla).

Expediente: 2022/36 (acta: I272022000001280).

Data da resolución: 30 de maio de 2022.

Empresa: Estagus, S.L.

Enderezo: avenida Cidade de Lugo, nº 55, 27800 Vilalba (Lugo).

Expediente: 2022/37 (acta: I272022000001179).

Data da resolución: 30 de maio de 2022.

Empresa: Estagus, S.L.

Enderezo: avenida Cidade de Lugo, nº 55, 27800 Vilalba (Lugo).

Expediente: 2022/38 (acta: I272022000000674).

Data da resolución: 30 de maio de 2022.

Empresa: Carrera Casal, Julio.

Enderezo: rúa da Pomba, nº 3, 3º C, 27003 Lugo.

Lugo, 22 de xuño de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo