Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente RA/IGVS/CMATV/2020/00266.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado pola secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada Secretaría Xeral Técnica ten a súa sede na rúa San Lázaro, s/n, do termo municipal de Santiago de Compostela.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2022

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente: RA/IGVS/CMATV/2020/00266.

Interesado: José Ángel Sobrido López.

Acto notificado: resolución de recurso.