Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38659

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 22 de xuño de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciado pola Orde do 14 de marzo de 2022.

Mediante a Orde do 14 de marzo de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 57, do 23 de marzo de 2022, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo denominado «secretario/a», co código de posto PR.C01.00.000.15770.002, de conformidade co disposto no punto sexto da citada Orde do 14 de marzo de 2022.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes