Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 15 de xuño de 2022 de notificación de proposta de resolución no procedemento disciplinario 1/2022.

Unha vez intentada sen éxito a notificación administrativa no domicilio da persoa interesada e na sede electrónica, nos termos dos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede efectuar a notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, de acordo co previsto nos artigos 44 e 46 da citada lei, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, logo de acreditar a súa identidade ou a representación conferida mediante calquera medio válido dos admitidos no ordenamento xurídico, durante o prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, nas dependencias do Servizo de Apoio Técnico (planta baixa) da Secretaría Xeral da Presidencia, sitas no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Considerarase practicada a notificación a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Segundo o disposto no artigo 30.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o prazo de dez (10) días para alegar canto xulgue pertinente para a súa defensa, establecido no artigo 27 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario do persoal funcionario, computarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Expediente disciplinario DIS 1/2022.

Persoa interesada: 34892125K.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2022

Eva María Sanín Mariño
Instrutora