Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV de SET Cira a SET Silleda, no concello de Silleda, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 17 de xuño de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/085-4.
Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.
Denominación da instalación: LAT 66 kV de SET Cira a SET Silleda.
Concello: Silleda.
Predio |
Titular |
Deposito prezo xusto |
54 |
Manuel Rendo Bugallo |
2022/36/306 |