Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2022/193-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA e substitución de apoio 9NUVEAF8//27 na LMT VLG806.

Situación: O Grove.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 160 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9NXSW69D//25 da LMT VLG806 e final no apoio proxectado 9NUVEAF8//27 na LMT VLG806.

A instalación está situada no Porto de Meloxo, no municipio do Grove.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 13 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Municipio: O Grove.

Nº predio

Lugar

Nome e apelidos

Nº apoio

m2

m lineais

m² superficie voo

1

Bacelo

Antonio Cambados Aguieño e irmá

51.0

463.0

2

Bacelo

José Manuel Moldes Moldes

23.0

200.0

3

Bacelo

José Pardo Quilla

21.0

169.0

4

O Porto de Meloxo

María del Carmen Bea Bea

59.0

5

Bacelo

Hrdos. Manuel Teodoro Fontoira Domínguez

Repr. filla Manuel Fontoira Bea

10.0

116.0

6

Cachada, A

Hrdos. Manuel Teodoro Fontoira Domínguez

Repr. filla Manuel Fontoira Bea

18.0

159.0

7

Cachada, A

Hrdos. Manuel Teodoro Fontoira Domínguez

Repr. filla Manuel Fontoira Bea

9NUVEAF8//27

2.0

14.0

134.0

8

Cachada, A

María del Carmen Martínez Cabanelas

36.0

350.0

9

Cachada, A

María Isabel Otero Castro

1.0

23.0