Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38372

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se modifican os requisitos dos beneficiarios e o orzamento mínimo dos plans de consolidación ao abeiro da Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixo REACT EU do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN861A).

BDNS (Identif.): 626763.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

1. Modifícase o número segundo do punto 1 do artigo 3, Beneficiarios, que queda redactado do seguinte modo:

• Estar constituídas como máximo nos 13 anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, para o que se terá en conta a data de outorgamento da escritura de constitución da empresa.

2. Suprímese o número primeiro do punto 5 do artigo 3, Beneficiarios, relativo a exclusións.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación