Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38387

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de Unidade de Atención Primaria, publicada pola Resolución do 28 de febreiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 17 de marzo).

Convocada por Resolución do 28 de febreiro de 2022 (DOG nº 53, do 17 de marzo), a provisión dun posto de Xefe/a de Unidade de atención primaria da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de Unidade de Atención Primaria da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, convocada pola Resolución do 28 de febreiro de 2022 (DOG nº 53, do 17 de marzo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O/a aspirante seleccionado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/a interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibíranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos expostos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2022

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de Unidade de Atención Primaria.

Servizo de Atención Primaria: Vila de Cruces.

Apelidos e Nome: Varela Sanda, Tamara.

DNI (*): ***3829**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.