Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 17 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 57839 e seis máis).

Tentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, número 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán por desistidos/as da súa petición.

Vigo, 17 de xuño de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data requirimento

57839

F606661

11.4.2022

59031

Serie G0036889 (representante 065819959)

2.5.2022

60313

D197919

11.5.2022

60319

D461554

11.5.2022

60496

A02969124

10.5.2022

60657

FT317922

18.5.2022

60681

120736103

10.5.2022