Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 13 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta os requirimentos de documentación acordados pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra no expediente PR204A 2022/2965-4 e catro máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro dos requirimentos que se notifican, xunto co resto da documentación dos expedientes, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica en Pontevedra (rúa María Victoria Moreno, 9º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinatarias ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispoñen as persoas solicitantes do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no TEU do BOE. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar os solicitantes, como é a súa obriga, que reúnen os requisitos previstos na lei.

Pontevedra, 13 de xuño de 2022

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A 2022/2965-4

23948519E

PR204A 2022/3315-4

35421246G

PR204A 2022/3356-4

35310724C

PR204A 2022/3503-4

35448724C

PR204A 2022/3575-4

76996680V