Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 9 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia PO-2021/00566.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida María Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 9 de xuño de 2022

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2021/00566

P1050027B

PO-2021/00566

35321417H