Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico Pedra Queimada, nos concellos de Arteixo, A Laracha e Carballo (expediente IN408A 2020/70).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Desarrollos Renovables del Norte, S.L.U. (CIF B85368371).

Enderezo social: avenida de Europa, nº 10, parque empresarial La Moraleja, 28108 Alcobendas (Madrid).

Enderezo para efectos de notificacións: rúa Varsovia, 4C, 5º andar, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Pedra Queimada (expediente IN408A 2020/70).

Concellos afectados: Arteixo, A Laracha e Carballo (A Coruña).

Potencia a instalar: 11,4 MW.

Número de aeroxeradores que se van a instalar: 2 ud × 5,7 MW de potencia nominal unitaria.

Produción media neta estimada: 38,21 GWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.352 horas.

Orzamento de execución material: 7.527.916,91 €.

Prazo de execución: dez (10) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Pedra Queimada

A.D.E.

Baldaio e Alto do Lendo

Parque eólico Pedra Queimada

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

530.335,53

4.794.685,89

Carballo

2

532.362,42

4.795.574,92

A Laracha

3

535.590,20

4.791.006,11

Arteixo

4

533.881,23

4.790.256,60

A Laracha

5

533.019,23

4.790.543,93

A Laracha

Parque eólico Pedra Queimada

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

A1

532.436,00

4.794.985,00

A Laracha

A2

534.715,00

4.791.260,00

Arteixo

Características técnicas da instalación:

• Dous (2) aeroxeradores tripá de 5,7 MW de potencia nominal unitaria. O aeroxerador A1, modelo Nordex N149/5.7 TS125, ten un diámetro do rotor de 149,1 m e altura ata a buxa de 125 m, mentres que o A2 é do modelo Nordex N163/5.7 TS148 cun diámetro de 163 m e altura de 148 m.

• Dous (2) centros de transformación trifásicos de relación de transformación 0,75/30 kV, montados no interior da torre de cada aeroxerador.

• Os aeroxeradores agrúpanse en dous (2) circuítos subterráneos, cada un á tensión de 30 kV, que unirán cada respectivo aeroxerador coa subestación Monteagudo, onde se elevará a tensión ata 66 kV. O condutor utilizado será cable de aluminio RHZ1 18/30 kV, de 240 mm² de sección.

• Dispoñerase dun único sistema de terras enlazando, mediante cable enterrado de cobre de 50 mm², os circuítos de posta a terra dos aeroxeradores.

• Pola mesma gabia que as liñas de media tensión, instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica tipo monomodo.

• A enerxía xerada polo parque eólico Pedra Queimada evacuarase a través da subestación de nova construción Monteagudo 66/30 kV, situada no concello de Carballo e obxecto doutro proxecto independente con número expediente IN661A 03/03 (actualmente en tramitación). A dita subestación conectarase coa subestación de Morás a través dunha nova liña de alta tensión de 66 kV. O proxecto desta liña tampouco entra dentro do alcance deste proxecto.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. Proxecto de execución (maio 2022, asinado o 13.5.2022).

2. Estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021, asinado o 8.11.2021).

3. Proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) (outubro 2021, visado o 5.11.2021).

De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas do Concello de Arteixo, A Laracha e Carballo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 17 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña