Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de vinte días para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución apoio 5 da LAT 66 kV Lourizán-Cangas II.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución apoio 5 da LAT 66 kV Lourizán-Cangas II, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso das fincas que figuran na relación.

Vigo, 16 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/146-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución apoio 5 da LAT 66 kV Lourizán-Cangas II.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

1

36900A019000540000QH

Descoñecido