De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 9 de xuño de 2022, do proxecto da liña de alta tensión a 30 kV desde o centro de seccionamento do parque eólico Pena da Cabra ata a subestación do parque eólico Friol, nos concellos de Toques e Sobrado (A Coruña), e de Friol (Lugo), promovido por Greenalia Wind Power Pena da Cabra, S.L.U.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2022
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático