Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de xuño de 2022, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a resolución de recoñecemento de dereitos de cobramento e cotas de participación efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, de clave AC/06/140.01.75, no concello de Vimianzo, por enderezo descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de recoñecemento de dereitos de cobramento e cotas de participación efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, de clave AC/06/140.01.75, no concello de Vimianzo.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución de recoñecemento de dereitos de cobramento e cotas de participación e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A Coruña, 8 de xuño de 2022

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predios

Interesada

Acto que se notifica

AC/06/140.01.75

577, 580, 581, 582, 583, 584, 586, 588, 591, 591-OT,
591-A, 591 A-OT, 593, 594, 597, 597-OT, 599 e 599-OT

Matilde Mª Mercedes Tovar-Espada Pérez

Resolución de recoñecemento de dereitos de cobramento e cotas de participación