Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37368

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro) pola que se realiza a corrección de erros da Resolución de 8 de xuño de 2022 deste tribunal.

Advertidos erros na Resolución do 8 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro) pola que se fai pública a baremación provisional da fase do concurso, en sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2022, o dito tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro),

ACORDOU:

Primeiro. Corrixir a Resolución do 8 de xuño de 2022, deste tribunal, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso, na puntuación outorgada a Silvia López Ben.

Á vista do exposto, onde di:

«DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

II.2.1

II.2.2

Total experiencia profesional

II.2.3 Formación

Total

***9535**

López

Ben

Silvia

0,00

15,30

15,30

4,71

20,01»

Debe dicir:

«DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

II.2.1

II.2.2

Total experiencia profesional

II.2.3 Formación

Total

***9535**

López

Ben

Silvia

0,00

7,10

7,10

4,71

11,81»

Segundo. De acordo co disposto na base II.5 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2022

Víctor Manuel Tubío Villar
Presidente suplente do tribunal