Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 30 de xuño de 2022 Páx. 37281

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, Galaria, Empresa Pública de Servicios Sanitarios, S.A., a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis), o Clúster da Saúde de Galicia (CSG), a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo (UVI), a Fundación Universidade Empresa (Feuga), a Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (Erlac), o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COSG) e a Fundación Juana de Vega, para a participación conxunta na convocatoria de proxectos europeos da iniciativa New European Bauhaus

Sen achega económica

12.7.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur, para a realización de actividades de formación do persoal

Sen achega económica

8.9.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis), para a realización de actividades de formación do persoal

Sen achega económica

17.9.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos, para a realización de actividades de formación do persoal

Sen achega económica

19.9.2021

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Boehringer Ingelheim España, S.A., para a organización dunha actividade de identificación de boas prácticas en atención integrada da EPOC

Sen achega económica

18.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Castro, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

7.12.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Farmacia-Óptica Pablo Durán, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

3.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Centro Óptico Bragado, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

3.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Multiópticas, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

3.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óculos Óptica, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

3.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Castro Ópticos, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

3.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Melide, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

3.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Rosario, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

3.1.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Martínez, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

3.1.2022

Convenio entre o Ministerio del Interior, a través da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, e o Servizo Galego de Saúde, dependente do departamento de Sanidade da Xunta de Galicia, en materia de asistencia sanitaria a persoas privadas de liberdade en centros penitenciarios

Sen achega económica

10.1.2022

Convenio entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Instituto Social da Mariña, no ámbito da cesión ou comunicación de datos de carácter persoal e o acceso aos sistemas de información necesarios para a realización dos recoñecementos médicos de embarque marítimo

Sen achega económica

12.1.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Vilagarcía de Arousa

Sen achega económica

15.1.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Área Sanitaria de Vigo) e a Fundación Meniños, para a cesión de uso dunha sala no centro de saúde San Paio de Navia (Vigo), para o desenvolvemento do programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social

Sen achega económica

26.1.2022

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Ipsen Pharma, S.A.U. para a promoción da calidade asistencial, a mellora dos resultados en saúde e o acceso á innovación de pacientes

Sen achega económica

2.2.2022

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a compañía Abbvie Spain, S.L.U. para a realización de actividades de interese sanitario en materia de formación, investigación e innovación

Sen achega económica

9.2.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación A Víctimas de Tráfico, para a axuda a pacientes vítimas de accidentes de tráfico

Sen achega económica

14.2.2022

Acordo entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela, para a colaboración na dotación de prazas de profesorado universitario en áreas de ciencias da saúde

589.603,92 €
(147.400,98 € 2022-2025)

22.2.2022

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Novartis Farmacéutica, S.A., para a realización de actividades de interese sanitario en materia de formación, investigación e innovación

Sen achega económica

24.2.2022

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Kyowa Kirin, para a realización de foros «El experto responde» sobre hipofosfatemia ligada ao cromosoma x (XLH) e linfoma cutáneo de células t (CTCL)

Sen achega económica

7.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Internacional de La Rioja-Unir, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster

Sen achega económica

8.3.2022

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociais, entidade xurídica titular da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao en traballo social impartidos na Escola Universitaria de Traballo Social

Sen achega económica

10.3.2022

Acordo de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Soberana Orde de Malta, para a posta en marcha dun dispositivo de asistencia sanitaria a peregrinos

Sen achega económica

18.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Clúster Saúde de Galicia, para a promoción desde o Clúster Saúde de Galicia do desenvolvemento e difusión da innovación en saúde de empresas do sector saúde e do sector sociosanitario

60.000 €
2022: 20.000 €
2023: 20.000 €
2024: 20.000 €

22.3.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Boborás, para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no oncello de Boborás

Sen achega económica

23.3.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Friol, no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Friol

24.187,90 €

11.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Leiro, no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Leiro

19.281,09 €

12.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Ex-Alcohólicos de Ferrolterra, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

126.081,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Adictivas Utaca, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

216.760,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

223.214,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo, para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención integral a persoas en risco e con trastornos adictivos da Comunidade Autónoma de Galicia e do programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica

1.015.690,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

190.535,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Aclad da Coruña, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

1.797.766,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella Lugo, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

662.470,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada de Vigo, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

1.600.901,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

996.211,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Coirós, no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Coirós

10.411,51 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Comunidade Local Fogar Nosa Señora da Asunción da Congregación das Irmás dos Anciáns Desamparados, para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Nuestra Señora de la Asunción

Sen achega económica

16.4.2022

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde y o Laboratorio Novartis Farmacéutica, S.A., para a realización de actividades de interese sanitario en materia de formación, investigación e innovación na área da patoloxía cardiovascular aterosclerótica

Sen achega económica

25.4.2022