Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CT Cima de Vila, no concello de Fornelos de Montes, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 9 de xuño de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/241-4.
Entidade beneficiaria: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Denominación da instalación: LMTS, CT Cima de Vila.
Concello: Fornelos de Montes.
Finca |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
1 |
36019A001002030000ER |
Descoñecida |
23 de agosto de 2022 |
12.00 |