Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 30 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2022/55-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázanse as persoas citadas no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no procedemento instruído en relación co expediente que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, as persoas interesadas, por si ou a través das persoas que legalmente as representen, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, da 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 30 de maio de 2022

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2022/55-36.

Persoas interesadas: X95713025, 147132334.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 27 de maio de 2022.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.