Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 24 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos relativos ao procedemento BS403B (expediente 2022-00000211 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través deste anuncio o requirimento de emenda e mellora das solicitudes que inician os procedementos ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2022, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 11 de xaneiro de 2022.

Para estes efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; terán á súa disposición o expediente para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica e efectuaren a emenda e mellora da solicitude, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non faceren a emenda no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, se considerarán desistidas das solciitudes, logo das resolucións ditadas ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/Pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B-2022-00000211

X9587951X

Requirimento emenda solicitude do 21.2.2022

BS403B-2022-00001469

X9852295S

Requirimento emenda solicitude do 25.3.2022

BS403B-2022-00002003

53304833X

Requirimento emenda solicitude do 25.3.2022