Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37152

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de xuño de 2022 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Advertido erro na orde que se cita, publicada no Diario Oficial de Galicia número 117, do 20 de xuño de 2022, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 35302, no anexo I, onde di:

«Nº posto

11

Amtega:

Denominación das prazas: asesor/a Abalar de zona: apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar

Destino

Amtega. Situados fisicamente na Coruña, Ordes, Marín, Lugo

Prazas

4 prazas

Funcións

A función principal é o apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar. Entre estas cabe destacar:

Definición da estratexia na posta á disposición da comunidade educativa de servizos dixitais educativos, seguimento da implantación da dita estratexia e identificación de novas necesidades nese eido.

Soporte in situ, asesoramento e formación na instalación e utilización dos servizos dixitais educativos que se lles ofertan aos centros educativos.

Definición da estratexia de dotación de infraestrutura informática e de comunicacións aos centros educativos.

Asesoramento e soporte técnico in situ á infraestrutura informática e de comunicacións.

Apoio e atención aos centros docentes da súa zona con relación a calquera proxecto TIC, aplicación ou sistema informático corporativo implantado ou que se vaia implantar neses centros.

Asesoramento sobre as necesidades de formación do persoal dos centros docentes en relación cos servizos dixitais educativos ofertados.

Requisitos

Coñecemento da realidade educativa, social e tecnolóxica dos centros educativos da zona de influencia da asesoría.

Coñecemento dos programas, plans e actuacións no ámbito das TIC nos centros educativos.

Coñecementos pedagóxicos sobre o aproveitamento das TIC no ámbito educativo.

Coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación a nivel usuario avanzado incluída, entre outros, a capacidade de instalar e configurar equipamentos informáticos en rede e os seus dispositivos periféricos.

Experiencia en traballo en equipo».

Debe dicir:

12

IES de Sabón

Destino

IES de Sabón (Arteixo)

Prazas

1 praza para profesores técnicos de formación profesional, especialidade: servizos de Restauración.

Funcións

Impartir o módulo de FP básica

Requisitos

Profesor/a técnico/a de formación profesional na especialidade sinalada».