Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37148

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro) pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o 21 de xuño de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 198, do 30 de setembro) polas que se nomean os membros do tribunal encargados de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2, II.3 e II.5 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base II.5 da convocatoria, as persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria.

O formulario de reclamación deberá especificar a alínea ou alíneas da base II.2 sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2022

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal

ANEXO

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

II.2.1

II.2.2

Total exper. prof.

II.2.3 Permanencia

II.2.4 Cursos

Total

***9918**

Lopo

Bermúdez

Roberto

28,00

0,00

28,00

4,00

6,00

38,00

***3055**

López

Crende

José Javier

28,00

0,00

28,00

4,00

6,00

38,00

***6037**

Osorio

Ruiz

María Estíbaliz

28,00

0,00

28,00

4,00

8,00

40,00

***6485**

Rodríguez

Rodríguez

Margarita

0,00

25,60

25,60

4,00

0,00

29,60

***0710**

Mato

Vilar

María

26,80

7,60

28,00

4,00

4,00

36,00

***6662**

Blanco

Chaves

Raúl

0,00

11,80

11,80

3,40

0,00

15,20