O desenvolvemento dos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública exixe o cumprimento de determinados prazos, en concordancia co establecido nas ordes ou resolucións de convocatoria e demais normativa de aplicación.
Polo anterior, en consideración ao período de vacacións ordinario e para garantir o cumprimento dos prazos establecidos e do normal desenvolvemento dos procesos selectivos en curso, esta consellería
DISPÓN:
Declarar inhábil o mes de agosto para efectos do cómputo de prazos de todas as convocatorias dos procesos selectivos dos corpos, escalas e categorías que se están a desenvolver, convocadas pola Dirección Xeral da Función Pública.
Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2022
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública