Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o requirimento de documentación á persoa interesada no expediente de axuda aos investimentos a bordo do buque pesqueiro Peixiño Primero (PE 107D 2013/29-2).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada sinalada no anexo o requirimento de documentación, por medio deste anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE). A eficacia do acto administrativo notificado producirase coa súa publicación no BOE. Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 44.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita na praza de Europa, 5 A, 4º, As Fontiñas, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2022

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Interesada: Hermanos Piñeiro Santomé, S.L. (Representantes: administradores solidarios: María Rosario Santomé Rúa e Enrique Piñeiro Martínez).

CIF: B36063808.

Último enderezo coñecido: Coirados, 14, 36900 Marín (Pontevedra).

Obxecto: requirimento de documentación, folla de asento da embarcación Peixiño Primero con relación ao expediente PE 107D 2013/29-2.