Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 10 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20220041TACO por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 20220041TACO incoado a 49666510B.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 10 de xuño de 2022

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 20220041TACO.

DNI/NIF/CIF: 49666510B.

Último enderezo coñecido: r/ da Ponte Vella, 27, 15706 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria