Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de arquivamento do expediente sancionador 20210260AE-LU por infracción en materia sanitaria.

A xefa territorial de Lugo ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 20210260AE-LU por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da parte dispositiva da Sentenza 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, no cal se baseaba o acordo de inicio deste expediente sancionador.

Intentouse notificar esta resolución segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido da resolución que figura no anexo.

A resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 114, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 9 de xuño de 2022

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 20210260AE-LU.

DNI da persoa interesada: 54866391Y.

Último enderezo coñecido: rúa Palmeiro, 3, 27870 Xove.