Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0014/2022.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolta polo servizo de Correos porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 8 de xuño de 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0014/2022

44084033W

Resolución

O xefe territorial